Este martes 26 de agosto, en asemblea xeral extraordinaria, fíxose efectivo o relevo á fronte da nosa ANPA. Queremos agradecer á anterior xunta directiva o tempo e a dedicación ao colexio.
O novo equipo, con Vanesa Aboy á cabeza, iniciamos con moita ilusión unha etapa que arrinca case ao mesmo tempo que o curso escolar. Dende hoxe estamos xa analizando a situación herdada e axiña poderemos darvos novidades.
Hai dúas cuestións que queremos aclarar de inmediato:
✅ O Plan Madruga continuará, xa que quedou contratado pola anterior directiva.
⚠️ Con todo, a perda da subvención que o facía gratuíto obríganos a volver cobrar por este servizo. Estamos cadrando os números e buscando vías alternativas de financiamento para fixar unha tarifa o máis económica posible para todas as familias.
O noso compromiso nesta nova etapa é claro: traballo e transparencia, coa vontade de facer unha ANPA aberta, participativa e próxima a todas as familias do CEIP San Clemente.
Agradecemos de corazón a vosa comprensión e colaboración neste novo camiño que agora comezamos.

Deixar un comentario