👋🏽 Boa tarde, familias! 👋🏽
🔴 Escribímosvos con novidades despois de case dez días de traballo constante dende que nos fixemos cargo da ANPA 🔴
A primeira é relativa ao Plan Madruga. Como sabedes, a perda dunha subvención impídenos seguir mantendo a gratuidade dun servizo que consideramos básico para o noso cole. Por iso, despois de moitos cálculos, decidimos establecer unha tarifa que consideramos que non deixará fóra a ninguén interesado.
O custe será de 15 euros ao mes por un/ha neno/a e de 25 se son dous ou máis. O prezo por día solto será de 3 euros ata o máximo de 15. Todas as crianzas participantes terán dereito a almorzo.
O requisito previo para apuntarse ao Plan Madruga é asociarse á ANPA. A cota deste ano fixouse en 25 euros por un/ha neno/a e 30 por dous ou máis.
✍🏼 Adxuntamos os formularios para asociarse á ANPA e para apuntarse ao Plan Madruga (se alguén ten problemas con eles, que avise e lle proporcionaremos outra forma para inscribirse)
ANPA https://docs.google.com/forms/d/1VXiNtp1g9Qmmb9C5FUDI9g-g88VeArpW67GGPvMxwsQ/edit
MADRUGA https://docs.google.com/forms/d/1PEtfMaNRj7e1pQLQJneo1o9P-5Q_kym86P-g-9L9gMU/edit
✅ Podedes atopalos os dous —xunto con moita outra información que iremos ampliando— na nova páxina web da ANPA, que hoxe estreamos. 🍾
🆕 🖥️ Invitámosvos a pasarvos por anpasanclemente.com (Se a vedes no móbil 📲, mellor en horizontal)
📢 En breve habilitaremos tamén un novo grupo nesta comunidade de whatsapp no que todos e todas poidades deixar os vosos comentarios, preguntas, dúbidas… unha canle aberta a todo o mundo!
🙌🏽 Grazas polo voso apoio e contamos con vós neste curso que está a piques de comezar! 🙌🏽

Deixar un comentario