Nesta semana de inicio de curso, a situación do CEIP San Clemente —onde seguimos sen terceira unidade de Infantil, temos agrupamentos de alumnado de distintas idades por riba das ratios e recorte de profesorado— seguiu presente nos medios.

O xoves repasamos todos estes problemas en Más de Uno Pontevedra (Onda Cero). Podedes escoitalo neste enlace a partir do minuto 17’30”

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/audios-podcast/

E o venres fixéronnos oco en La Opinión de Radio Pontevedra-Cadena SER. Empeza no minuto 10’00”, xusto cando remata a secretaria da ANPA do CEIP Ana María Diéguez de Asados (Rianxo), onde as familias se negan a mandar á rapazada a clase para protestar contra os recortes. Todo o noso apoio para elas!

https://cadenaser.com/…/radio-pontevedra/la-opinion/2471

Deixar un comentario

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós