Este martes celebrouse a asamblea ordinaria de comezo de curso 2025-2026, a primera da nova Xunta Directiva, coa asistencia de máis de trinta familias do centro.

Entre os acordos salientables estivo a suba da cota para asociarse á ANPA ata os 30 euros para cada unidade familiar, independentemente do número de crianzas. Unha proposta que saíu da propia asemblea e que se impuxo á da directiva (25 euros por un alumno/a e 30 por dous ou máis).

Tamén se informou do Plan de Actividades Extraescolares, que a ANPA subvencionará en 5 euros por alumno/a, actividade e mes. Decidiuse que tanto para acceder a elas como ao Plan Madruga é requisito obrigatorio asociarse á ANPA. O prazo para facelo rematará o vindeiro 31 de outubro.

Se queres darlle un repaso a todo o que se falou, aquí podes consultar a acta da reunión.

Deixar un comentario

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós