Hoxe todo o profesorado do CEIP San Clemente sumouse á folga no ensino público galego, denunciando os recortes que poñen en risco a calidade da educación e que afectan directamente o noso centro.
Só o profe Ricardo permaneceu en servizos mínimos, atendendo o alumnado con todo o agarimo e compromiso.
O claustro amosou a súa unidade e firmeza, dando unha auténtica lección de compromiso coa defensa do futuro do noso colexio. O seu exemplo supón unha inxección de forza e ilusión para toda a comunidade educativa.
A ANPA agradece este xesto de dignidade e reafirma o seu apoio a profesorado, alumnado e familias na defensa dunha educación pública digna, con recursos suficientes e con respecto ás necesidades de todos e todas.
Seguiremos loitando xuntas e xuntos para que o CEIP San Clemente teña o futuro que merece.




Deixar un comentario