Este martes ás 15:30 o CEIP San Clemente dará un novo paso na súa loita: colgaremos unha pancarta permanente no colexio para facer visible a nosa reivindicación pola recuperación da unidade de Infantil e polo futuro do noso centro.

Este é un acto conxunto organizado polo claustro e a ANPA do colexio, unha mostra de unidade que queremos compartir con toda a comunidade educativa.

O profesorado acudirá coa súa camisola clementina. Animamos a todas e todos a vir vestidos de azul, para amosar que San Clemente está unido e non se vai render.

Porque cando profes, alumnado e familias estamos xuntos, a nosa voz faise máis forte.

Este martes ás 15:30 vémonos no colexio. A vosa presenza é fundamental!

Deixar un comentario

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós