Hoxe o CEIP San Clemente volveu ser exemplo de unión e forza colectiva.
Profesorado, alumnado e familias xuntámonos para colgar unha pancarta permanente, símbolo da nosa loita e do compromiso con manter vivo o noso colexio.

📢 Defendemos unha educación pública digna, con recursos e con respecto para todos.
Seguimos unidos, firmes e cheos de forza. Porque San Clemente non se rende.

✉️ A continuación, nun Consello Escolar extraordinario, decidiuse invitar a visitar o noso centro á deputada do PP que defendeu no Parlamento que non se recuperase a terceira unidade, ao portavoz municipal do partido e ao inspector de Educación.

✊ Grazas a todas e todos os que estivestes hoxe connosco e a quen segue apoiando dende o primeiro día.

Aquí vos deixamos o comunicado remitido aos medios:

Deixar un comentario

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós