O noso Samaín foi todo un éxito!

A ANPA organizou unha tarde chea de xogos, risas e moita creatividade para celebrar esta data tan especial.

As nenas e os nenos pasárono en grande no obradoiro de adornos e de pinzas –guiados por Natalia e Valeria–, deron renda solta á imaxinación pintando nun enorme debuxo colaborativo, e gozaron das bolsas de merenda decoradas con tanto agarimo.

As nosas artistas Inma e Begoña –coa colaboración inestimable de Uxía– fixeron auténticas marabillas pintando caras e poñendo tatuaxes terroríficamente divertidas… non quedou ninguén sen o seu toque de Samaín!

Houbo tamén música, photocall, moita decoración –co toque especial de Ana– e toneladas de diversión para crear un ambiente máxico que fixo que todo o pavillón se enchese de sorrisos.

Grazas a todas as familias e persoas voluntarias que axudastes a facer posible esta festa tan especial! Foi un Samaín inesquecible… ata o ano que vén! 👻🕸️✨

Deixar un comentario

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós