,

Festinadal 2025

Hoxe celebrouse no CEIP San Clemente o Festinadal 2025, unha xornada chea de ilusión e convivencia na que dende a ANPA tivemos o pracer de colaborar activamente co claustro e a animación de Aínda Máis.

Encargámonos da decoración do pavillón, que se encheu de ambiente festivo, e tamén do xa tradicional chocolate con roscón, para facer as delicias de toda a comunidade educativa. A emoción estivo asegurada coa visita dos Reis Magos, un dos momentos máis agardados polos nenos e nenas.

Os máis pequenos gozaron ademais de diferentes obradoiros e actividades:
🎶 Bingo musical
🕯️ Obradoiro de candeas
🎤 Karaoke
🎄 Obradoiro de adornos de Nadal

Como peche simbólico da xornada, compartimos as uvas clementinas, para despedir o ano dun xeito especial e moi noso.

Dende a ANPA queremos felicitar a todas as familias e agradecer a súa participación e colaboración. Desexámosvos unhas felices festas e un 2026 cheo de saúde, ilusión e comunidade. 💫

Deixar un comentario

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós