🎭 Seguimos avanzando na preparación do Entroido. Xa temos o remolque para instalar a carroza, que converteremos nun estudio de radio. A proposta do cole é disfrazar a rapazada por xéneros musicais, que será o que irá soando na carroza 📻🎵

🎙️Quedaría así:
INFANTIL: Pop (Madonna / Michael Jackson) 🕺🏽
PRIMEIRO CICLO: Rock 🎸
SEGUNDO CICLO: Música latina 🪇
TERCEIRO CICLO: Hip hop 🧢

🚗🚕🚒 A nosa intención é inscribirnos en varios desfiles da contorna e non só en Caldas. Por iso, queremos convocarvos a unha reunión este venres pola tarde (estamos pendentes de pechar hora e lugar) para animarvos a participar e recoller as vosas propostas.

🎊 Agardámosvos! 🎊

Deixar un comentario

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós