Seguimos avanzando na organización do Entroido deste ano, que xirará arredor da temática do colexio: A RADIO. A nosa idea é crear unha carroza en forma de estudio de radio, facendo unha viaxe desde os seus inicios ata a actualidade, combinando música, decoración e moita participación.

Xa contamos cun remolque para instalar a carroza e o fío musical será fundamental. Por iso, xa podemos ir pensando en listas de reprodución e achegar as nosas propostas, ben nas reunións de preparación ou facéndonolas chegar se non podedes asistir.

A rapazada irá disfrazada por xéneros musicais, que irán soando ao longo do percorrido:
• Educación Infantil: Pop (Madonna, Michael Jackson…)
• Primeiro ciclo: Rock
• Segundo ciclo: Música latina
• Terceiro ciclo: Hip hop

Tal e como comentamos na reunión do venres no local social de San Clemente, a intención é participar en varios desfiles da contorna, e non só no de Caldas, polo que será moi importante contar coa colaboración do maior número posible de familias.

Para levar a cabo os preparativos, iremos quedando os venres pola tarde e os sábados, co obxectivo de:
• Decorar a carroza
• Elaborar os disfraces dos maiores
• Preparar os diferentes elementos relacionados coa radio

📋 Lembrámosvos tamén que está dispoñible a enquisa no grupo de Whatsapp para saber cantas persoas estades dispostas a colaborar ou participar, algo fundamental para organizarnos mellor.

Grazas a todas as familias pola vosa implicación. Entre todas e todos, faremos un Entroido inesquecible para a nosa rapazada! 🎭✨

Deixar un comentario

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós