No día de hoxe celebráronse mobilizacións en distintas cidades galegas, entre elas Santiago de Compostela e A Coruña, convocadas por ANPAS Galegas en defensa do ensino público.

A ANPA do CEIP San Clemente participou na manifestación de Santiago, sumándose á reivindicación colectiva por máis recursos e melloras reais no sistema educativo público, especialmente no que atinxe á atención á diversidade.

Entre as principais demandas destacaron:

  • Máis persoal para atender á diversidade
  • Medidas reais de inclusión
  • Melloras que favorezan a calidade do ensino

Foi unha xornada de compromiso e participación, na que compartimos as rúas con numerosas familias e membros da comunidade educativa que cren nun ensino público inclusivo, forte e de calidade.

Como sempre, mantemos que o CEIP San Clemente debe seguir sendo un referente na atención á diversidade e na defensa dunha escola pública que atenda a cada nena e a cada neno como merece. Así o explicou a nosa presidenta e o recolleu na súa crónica La Voz de Galicia.

Seguimos a loitar polo que é de todos e todas, co orgullo de formar parte dunha escola rural viva, comprometida e chea de futuro. Grazas a todas as persoas que se achegaron e acompañaron. Seguimos!

Deixar un comentario

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós