Dende a ANPA queremos compartir con vós que Jeny decidiu deixar o seu cargo como vogal da Xunta Directiva por motivos persoais.
Aproveitamos para agradecerlle de corazón o tempo, a dedicación e o cariño que puxo tanto nesta etapa como durante o tempo que formou parte da anterior Xunta Directiva. A súa implicación foi moi valiosa e deixa unha pegada importante no traballo feito ata agora.
Desexámoslle o mellor e agradecemos sinceramente a súa implicación.
A Xunta Directiva continuará co seu labor con normalidade e, de cara á Asemblea Xeral que se celebrará no mes de xuño, abrirase o proceso para a presentación de candidaturas para cubrir esta vacante.
Animamos a todas as persoas que queiran implicarse e formar parte deste proxecto común a dar o paso.
Seguimos traballando entre todos e todas pola comunidade educativa.

Deixar un comentario