Política de privacidade

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RGPD), e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), a ANPA do CEIP San Clemente de Cesar (Caldas de Reis) informa ás persoas usuarias da súa web sobre o tratamento dos datos persoais que poidan ser recollidos.

1.⁠ ⁠Responsable do tratamento

• Identidade: ANPA do CEIP San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)
• CIF: G36143428
• Domicilio: Baltar, 26 (36650)- Caldas de Reis
• Correo de contacto: anpasanclemente@gmail.com

2.⁠ ⁠Finalidade do tratamento

Os datos persoais serán tratados coas seguintes finalidades:
• Xestionar a afiliación á ANPA e os servizos asociados.
• Xestionar a participación en actividades, programas e servizos organizados pola ANPA.
• Xestionar consultas, comunicacións e solicitudes realizadas a través da web ou correo electrónico.
• Enviar información relacionada coa actividade da ANPA (só no caso de que a persoa usuaria dea o seu consentimento).

3.⁠ ⁠Conservación dos datos

Os datos conservaranse mentres se manteña a relación coa ANPA e durante os prazos necesarios para cumprir obrigas legais.

4.⁠ ⁠Lexitimación

A base legal para o tratamento dos datos é:
• O consentimento expreso da persoa usuaria.
• O cumprimento de obrigas legais aplicables á ANPA como asociación.
• O interese lexítimo en informar das súas actividades á comunidade educativa.

5.⁠ ⁠Destinatarios

Os datos non se cederán a terceiros, salvo obriga legal ou cando sexa necesario para a xestión de actividades (por exemplo, empresas de transporte, seguros ou monitorado).

6.⁠ ⁠Dereitos das persoas interesadas

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na ANPA estamos a tratar os seus datos persoais.
As persoas interesadas teñen dereito a:
• Acceder aos seus datos.
• Solicitar a rectificación ou supresión.
• Solicitar a limitación do seu tratamento.
• Opoñerse ao tratamento.
• Solicitar a portabilidade dos seus datos.

O exercicio destes dereitos poderá realizarse enviando unha solicitude escrita a anpasanclemente@gmail.com, acompañada dunha copia do DNI ou documento equivalente.

7.⁠ ⁠Medidas de seguridade

A ANPA comprométese a garantir a seguridade e confidencialidade dos datos, adoptando as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitalo acceso non autorizado, alteración, perda ou destrución.

8. Usos de imaxe

A ANPA comprométese ao respecto da intimidade, honra e propia imaxe dos menores, conforme ao establecido no artigo 18 da Constitución Española e na Lei Orgánica 1/1982, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, así como á Lei Orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) e ao Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD).

Todas as imaxes publicadas nesta páxina web que inclúan menores serán editadas para preservar a súa identidade (pixelado dos rostros).

No caso de que algún pai, nai ou titor/a legal considere que algunha imaxe publicada vulnera dalgún xeito os dereitos do/a menor, pode solicitar a súa retirada enviando un correo electrónico a anpasanclemente@gmail.com explicando a problemática en cuestión. Unha vez recibida a solicitude, tentaremos eliminala coa maior brevidade posible.

A protección dos dereitos dos menores é unha prioridade absoluta para esta ANPA.

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós