Quen somos

Somos un grupo de nais e pais que decidimos poñernos á fronte da ANPA para traballar con transparencia, participación e compromiso. A nosa prioridade é o benestar das crianzas e a colaboración con toda a comunidade educativa.

As nosas liñas de acción son as seguintes:

  • Apoiar a conciliación familiar con servizos como o Plan Madruga e as actividades extraescolares.
  • Promover a participación das familias e crear comunidade arredor do colexio.
  • Xestionar recursos e proxectos que melloren o día a día do centro.
  • Fomentar unha educación pública e de calidade e defender os dereitos do noso alumnado.

Presidenta: Vanesa Aboy

Vicepresidente: Luís Pardo

Tesoureira: Patricia Jamardo

Secretaria: Mila Iglesias

Vogal: Begoña Martínez

Vogal: Inma Mendoza

Vogal: Jose Manuel Riveiro

Vogal: Jenifer Simaes

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós