A ANPA existe grazas á colaboración das familias. Facerse socio/a é moi sinxelo e axúdanos a manter servizos de conciliación como o Plan Madruga, organizar actividades para as crianzas e defender unha educación pública e de calidade.
A cota anual é de 30 € por unidade familiar. A data límite xeral para asociarse é o 30 de setembro, agás no caso das familias que non fagan uso dos servizos ou actividades da ANPA, para as que o prazo poderá estenderse ata o 31 de outubro.
Para facer uso de calquera dos servizos ou actividades da ANPA, é imprescindible ser socio/a e contar cun seguro nominal das persoas usuarias. Polo tanto, as familias que xa estean utilizando o Plan Madruga deberán formalizar a súa alta como socias de maneira inmediata. No caso das actividades extraescolares, a alta deberá realizarse antes do seu comezo, en outubro.
Número de conta:
ES31 0049 7830 46 2110027500
Que gañas sendo socio/a?
- Participas directamente nas decisións que afectan o colexio.
- Tes acceso a actividades organizadas pola ANPA.
- Apoias os servizos de conciliación e melloras para o alumnado.
Únete á ANPA e suma a túa voz! Xuntos e xuntas somos máis fortes para mellorar o día a día das nosas crianzas.
Anímate a asociarte!
*Se tes problemas co formulario, ponte en contacto con nós, que podemos facilitache un documento en PDF ou mesmo en papel se é necesario.
