-
Continue reading →: A ANPA do CEIP San Clemente participou na manifestación das familias polo ensino público galego
No día de hoxe celebráronse mobilizacións en distintas cidades galegas, entre elas Santiago de Compostela e A Coruña, convocadas por ANPAS Galegas en defensa do ensino público. A ANPA do CEIP San Clemente participou na manifestación de Santiago, sumándose á reivindicación colectiva por máis recursos e melloras reais no sistema…
-
Continue reading →: En Padrón, sol e comunidade: un Entroido para lembrar
Hoxe participamos no desfile de Entroido de Padrón nunha xornada que o tivo todo: bo ambiente, un nivel altísimo de comparsas e, por fin, sol ☀️ A mañá comezou xa con bo sabor de boca, porque uns cantos quedamos a comer antes un churrasco, aproveitando para compartir risas, comentar os últimos detalles e coller forzas…
-
Continue reading →: Primeiro premio no entroido de Caldas!🥇🎉
Conseguimos o primeiro premio na categoría de Centros Educativos e ANPAs no desfile de Entroido de Caldas 🥇✨ E non foi para menos… Este ano saímos cunha espectacular carroza convertida nun auténtico estudio de Radio Clementina, coa presenza estelar do mesmísimo Freddy Mercury como artista convidado! 🎶 Un percorrido pola música A comparsa foi unha…
-
Continue reading →: A nosa carroza será un estudio de radio! 🎶📻
Seguimos avanzando na organización do Entroido deste ano, que xirará arredor da temática do colexio: A RADIO. A nosa idea é crear unha carroza en forma de estudio de radio, facendo unha viaxe desde os seus inicios ata a actualidade, combinando música, decoración e moita participación. Xa contamos cun remolque…
-
Continue reading →: Conta atrás para o Entroido
🎭 Seguimos avanzando na preparación do Entroido. Xa temos o remolque para instalar a carroza, que converteremos nun estudio de radio. A proposta do cole é disfrazar a rapazada por xéneros musicais, que será o que irá soando na carroza 📻🎵 🎙️Quedaría así:INFANTIL: Pop (Madonna / Michael Jackson) 🕺🏽PRIMEIRO CICLO:…
-
Continue reading →: Festinadal 2025
Hoxe celebrouse no CEIP San Clemente o Festinadal 2025, unha xornada chea de ilusión e convivencia na que dende a ANPA tivemos o pracer de colaborar activamente co claustro e a animación de Aínda Máis. Encargámonos da decoración do pavillón, que se encheu de ambiente festivo, e tamén do xa…
-
Continue reading →: Ludoteca de Nadal
A Ludoteca de Nadal celebrarase un ano máis nas instalacións do CPI Afonso VII, xa que compartimos o servizo coa ANPA Celenis. A continuación deixamos unha ligazón coa información para reservar praza. 💰 Tarifas• Ludoteca: 35€• Día solto: 4,50 €• Plan madruga: 1 €/día• Madruga + almorzo: 1,50 €/día 👧👦…
-
Continue reading →: Festa de Samaín no CEIP San Clemente
O noso Samaín foi todo un éxito! A ANPA organizou unha tarde chea de xogos, risas e moita creatividade para celebrar esta data tan especial. As nenas e os nenos pasárono en grande no obradoiro de adornos e de pinzas –guiados por Natalia e Valeria–, deron renda solta á imaxinación…
-
Continue reading →: Festa Samaín 2025
Como o 31 de outubro non hai clase, imos aproveitar para celebrar o xoves unha pequena festa de Samaín. Haberá obradoiros con monitoras, música e algo de merenda. Lembra anotarte antes do 28 de outubro de 2025. Esta actividade é gratuíta para as familias da ANPA e ten un custo de 5€…
-
Continue reading →: Pancarta ata a recuperación da terceira unidade
Hoxe o CEIP San Clemente volveu ser exemplo de unión e forza colectiva.Profesorado, alumnado e familias xuntámonos para colgar unha pancarta permanente, símbolo da nosa loita e do compromiso con manter vivo o noso colexio. 📢 Defendemos unha educación pública digna, con recursos e con respecto para todos.Seguimos unidos, firmes…
