-
Continue reading →: 🌼Premio ás mellores coplas na Festa dos Maios! 🎶 🌼
As nosas coplas foron toda unha sensación e o noso cole levou o primeiro premio ao maio mellor cantado🥇Co acompañamento e apoio imprescindible do profe César, que os guiou dende o primeiro momento 🪗✨ Ademais, estamos felices porque se venderon moitísimas coplas, axudando así a recadar fondos para esa viaxe a Asturias 🚌 …
-
Continue reading →: Anímate a participar na Festa dos Maios!
Foto cedida polo CEIP San Clemente Este 1 de maio ás 12:00 horas, nas Palmeiras de Caldas, celebramos unha das festas máis fermosas e cheas de vida da nosa cultura: a Festa dos Maios. Desde a ANPA do CEIP San Clemente queremos animar a toda a comunidade educativa a achegarse, participar e…
-
Continue reading →: Ata sempre, José!
Foto: Mónica Ferreirós (Diario de Arousa) 🎉 Hoxe vivimos un día moi especial no noso cole 😊 Celebramos a xubilación de José, o noso conserxe de toda a vida, despois de máis de 40 anos (desde 1982!) dedicados ao centro e a tantas xeracións de nenos e nenas ❤️ Compartimos unha comida chea…
-
Continue reading →: Grazas, Jeny
Dende a ANPA queremos compartir con vós que Jeny decidiu deixar o seu cargo como vogal da Xunta Directiva por motivos persoais. Aproveitamos para agradecerlle de corazón o tempo, a dedicación e o cariño que puxo tanto nesta etapa como durante o tempo que formou parte da anterior Xunta Directiva.…
-
Continue reading →: A ANPA do CEIP San Clemente participou na manifestación das familias polo ensino público galego
No día de hoxe celebráronse mobilizacións en distintas cidades galegas, entre elas Santiago de Compostela e A Coruña, convocadas por ANPAS Galegas en defensa do ensino público. A ANPA do CEIP San Clemente participou na manifestación de Santiago, sumándose á reivindicación colectiva por máis recursos e melloras reais no sistema…
-
Continue reading →: En Padrón, sol e comunidade: un Entroido para lembrar
Hoxe participamos no desfile de Entroido de Padrón nunha xornada que o tivo todo: bo ambiente, un nivel altísimo de comparsas e, por fin, sol ☀️ A mañá comezou xa con bo sabor de boca, porque uns cantos quedamos a comer antes un churrasco, aproveitando para compartir risas, comentar os últimos detalles e coller forzas…
-
Continue reading →: Primeiro premio no entroido de Caldas!🥇🎉
Conseguimos o primeiro premio na categoría de Centros Educativos e ANPAs no desfile de Entroido de Caldas 🥇✨ E non foi para menos… Este ano saímos cunha espectacular carroza convertida nun auténtico estudio de Radio Clementina, coa presenza estelar do mesmísimo Freddy Mercury como artista convidado! 🎶 Un percorrido pola música A comparsa foi unha…
-
Continue reading →: A nosa carroza será un estudio de radio! 🎶📻
Seguimos avanzando na organización do Entroido deste ano, que xirará arredor da temática do colexio: A RADIO. A nosa idea é crear unha carroza en forma de estudio de radio, facendo unha viaxe desde os seus inicios ata a actualidade, combinando música, decoración e moita participación. Xa contamos cun remolque…
-
Continue reading →: Conta atrás para o Entroido
🎭 Seguimos avanzando na preparación do Entroido. Xa temos o remolque para instalar a carroza, que converteremos nun estudio de radio. A proposta do cole é disfrazar a rapazada por xéneros musicais, que será o que irá soando na carroza 📻🎵 🎙️Quedaría así:INFANTIL: Pop (Madonna / Michael Jackson) 🕺🏽PRIMEIRO CICLO:…
-
Continue reading →: Festinadal 2025
Hoxe celebrouse no CEIP San Clemente o Festinadal 2025, unha xornada chea de ilusión e convivencia na que dende a ANPA tivemos o pracer de colaborar activamente co claustro e a animación de Aínda Máis. Encargámonos da decoración do pavillón, que se encheu de ambiente festivo, e tamén do xa…
