-
Continue reading →: 🎃 Samaín Clementino: unha tarde de medo e diversión!
A ANPA San Clemente organiza o Samaín Clementino, unha xornada de conciliación para gozar en familia dunha tarde chea de xogos e obradoiros temáticos. 📅 Data: 30 de outubro🕔 Horario: de 17:00 a 19:30 h📍 Lugar: CEIP San Clemente Teremos unha tarde terrorificamente divertida, con propostas para compartir, xogar e celebrar o Samaín! 🎟️ Prezo e inscrición…
-
Continue reading →: Actividades extraescolares 2026/2027
Xa temos lista a programación das actividades extraescolares da ANPA San Clemente para o curso 2026/2027. As actividades comezan o xoves 1 de outubro e desenvolveranse de luns a xoves, de 15:25 a 16:25 h, coa seguinte distribución: Luns: Reforzo educativo (1º-3º), Inglés (4º-6º) e Patinaxe. Martes: Reforzo educativo (4º-6º) e Inglés (Infantil / 1º-3º). Mércores: Hapkido…
-
Continue reading →: 🎄 A ANPA San Clemente presenta a súa Lotería de Nadal! 🍊✨
Este inicio de curso temos unha novidade moi especial: poñemos á venda a nosa propia Lotería de Nadal! 🎟️ E o número que nos acompañará nesta aventura é… 44833 ✨ Un número para compartir, para regalar e, sobre todo, para compartir ilusión e colaborar coa ANPA. ❤️ Cada décimo terá un donativo de 2…
-
Continue reading →: Proposta de actividades extraescolares 26/27
Desde a ANPA San Clemente xa estamos a preparar as actividades extraescolares para o vindeiro curso 2026/2027. Este ano contamos cunha proposta variada de actividades deportivas, artísticas e educativas para que o alumnado poida desfrutar ao rematar a xornada escolar. As actividades están previstas de luns a xoves, de 15:25 a 16:25 h, segundo…
-
Continue reading →: Ludoteca de inicio de curso
Co obxectivo de facilitar a conciliación das familias durante os primeiros días de setembro, desde a ANPA San Clemente poñemos en marcha unha nova edición da nosa Ludoteca de Inicio de Curso, que terá lugar do 1 ao 8 de setembro, ambos incluídos, nas instalacións do CEIP San Clemente. Durante estes días, os nenos e nenas poderán…
-
Continue reading →: 🎉 Así vivimos a nosa Festa de Fin de Curso
Onte celebramos a nosa Festa de Fin de Curso e queremos dar as grazas a todas as familias que vos achegastes para compartir esta tarde tan especial. Entre a festa da escuma, os inchables e o petisco compartido, vivimos unha tarde chea de risas, xogos e bos momentos, na que…
-
Continue reading →: Festa de Fin de Curso 2025/2026
O vindeiro 19 de xuño, de 17:00 a 20:00 horas, celebraremos no CEIP San Clemente de Cesar a nosa tradicional Festa de Fin de Curso, unha tarde pensada para recibir as vacacións compartindo xogos, diversión e momentos de convivencia entre toda a comunidade. A rapazada poderá gozar de inchables, dunha divertida festa da escuma e dun espazo de…
-
Continue reading →: A comunidade clementina explora a illa de Cortegada
Este sábado gozamos dunha magnífica xornada en familia na Illa de Cortegada, acompañados por un tempo espectacular que nos permitiu desfrutar ao máximo desta experiencia. Acompañounos Rita, da Asociación AmarCarril, que nos guiou con gran profesionalidade e proximidade ao longo da visita. Grazas ás súas explicacións puidemos coñecer mellor a historia da…
-
Continue reading →: Ludoteca de Inicio de Verán 2026
A ANPA do CEIP San Clemente organiza, en colaboración coa ANPA do CEIP Afonso VII, unha Ludoteca de Inicio de Verán para facilitar a conciliación familiar nos días non lectivos de finais de xuño. A actividade desenvolverase nas instalacións do CEIP Afonso VII do 22 ao 30 de xuño (agás o día 24), con propostas lúdicas,…
-
Continue reading →: 🐚 Saída de fin de curso á Illa de Cortegada (13 de xuño) 🌿
A ANPA do CEIP San Clemente está organizando unha actividade de convivencia para pechar o curso o vindeiro sábado 13 de xuño, combinando natureza, aprendizaxe e tempo en familia. 👉 A xornada inclúe: – Obradoiro de marisqueo en Carril a cargo da asociación Amar Carril – Desprazamento en barco á…
