Desde a ANPA San Clemente xa estamos a preparar as actividades extraescolares para o vindeiro curso 2026/2027. Este ano contamos cunha proposta variada de actividades deportivas, artísticas e educativas para que o alumnado poida desfrutar ao rematar a xornada escolar.

As actividades están previstas de luns a xoves, de 15:25 a 16:25 h, segundo a seguinte proposta:

  • Luns: Patinaxe
  • Martes: Inglés, Pintura e Reforzo educativo
  • Mércores: Hapkido e Multideporte
  • Xoves: Robótica e Baile

📚 O Reforzo educativo está previsto inicialmente un día á semana, pero poderá pasar a impartirse dous días se é necesario desdobrar o grupo.

📅 As actividades comezarán no mes de outubro. Na Asemblea Xeral de inicio de curso decidirase se a programación se prolonga tamén durante o mes de xuño ou se as actividades rematan en maio.

🔄 Esta distribución é unha proposta inicial. Na asemblea poderanse valorar cambios nos días das actividades, sempre que sexa posible en función da dispoñibilidade do profesorado e das empresas responsables.

En todo caso, a posta en marcha de cada actividade estará condicionada á existencia de demanda suficiente para formar os grupos.

📌 Próximamente informaremos dos prezos, do prazo e do procedemento de inscrición.

Animádevos a participar nas propostas da ANPA para este novo curso!

Deixar unha resposta

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós