Este inicio de curso temos unha novidade moi especial: poñemos á venda a nosa propia Lotería de Nadal! 🎟️

E o número que nos acompañará nesta aventura é…

44833 ✨

Un número para compartir, para regalar e, sobre todo, para compartir ilusión e colaborar coa ANPA. ❤️

Cada décimo terá un donativo de 2 €, que se destinará a seguir impulsando as actividades e iniciativas que desenvolvemos para as familias do CEIP San Clemente.

E nesta estrea non podía faltar a nosa pequena protagonista: 🍊 Clementina, que xa está preparada para repartir ilusión e, quen sabe, tamén un pouquiño de sorte! 🎅

📣 Se queredes o voso décimo, xa podedes solicitarllo aos membros da ANPA.

Iremos informando tamén de posibles puntos de venda físicos.

🍊 Que Clementina nos traia moita sorte!
🎄 E que a ilusión tamén se comparta!

Deixar unha resposta

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós