
Xa temos lista a programación das actividades extraescolares da ANPA San Clemente para o curso 2026/2027.
As actividades comezan o xoves 1 de outubro e desenvolveranse de luns a xoves, de 15:25 a 16:25 h, coa seguinte distribución:
- Luns: Reforzo educativo (1º-3º), Inglés (4º-6º) e Patinaxe.
- Martes: Reforzo educativo (4º-6º) e Inglés (Infantil / 1º-3º).
- Mércores: Hapkido e Multideporte.
- Xoves: Robótica e Baile.
Como novidade, debido á elevada demanda, Inglés dos martes divídese en dous grupos, un para Infantil e outro para 1º-3º de Primaria.
❌ Non haberá Pintura, xa que non se acadou o número mínimo de matrículas necesario para manter a actividade.
💰 Prezos por trimestre
| Actividade | Código | Prezo |
|---|---|---|
| Inglés | 01 | 45 € |
| Patinaxe | 02 | 40 € |
| Hapkido | 03 | 45 € |
| Multideporte | 04 | 51 € |
| Robótica | 05 | 69 € |
| Baile | 06 | 40 € |
| Reforzo educativo | 07 | 20 € de matrícula |
O pagamento do primeiro trimestre deberá realizarse ata o venres 23 de outubro na conta da ANPA:
IBAN: ES31 0049 7830 46 2110027500
No concepto deberá indicarse o código da actividade + nome do alumno/a (por exemplo: 01 Pepito Pérez).
🤝 Unha proposta posible grazas ás subvencións
Grazas á subvención do Plan Corresponsables, podemos ofrecer o Plan Madruga de maneira gratuíta, agás o pagamento da matrícula, poñer en marcha o Reforzo educativo como novidade deste curso e engadir, entre outras melloras, un desdobre máis en Inglés mantendo a mesma cota.
O resto das actividades mantén practicamente os prezos do curso pasado e a ANPA asume o incremento dos custos. As tarifas poderán revisarse nos vindeiros trimestres en función da evolución das matrículas e da recepción dos ingresos das subvencións pendentes.
Agradecemos ás familias a paciencia durante estas semanas de organización e agardamos que as crianzas gocen moito das actividades! 💙🧡

Deixar unha resposta