
A ANPA San Clemente organiza o Samaín Clementino, unha xornada de conciliación para gozar en familia dunha tarde chea de xogos e obradoiros temáticos.
📅 Data: 30 de outubro
🕔 Horario: de 17:00 a 19:30 h
📍 Lugar: CEIP San Clemente
Teremos unha tarde terrorificamente divertida, con propostas para compartir, xogar e celebrar o Samaín!
🎟️ Prezo e inscrición
- Familias asociadas á ANPA: entrada gratuíta.
- Familias non asociadas: 10 € por familia.
Aínda que a entrada é gratuíta para as familias asociadas, é imprescindible cubrir o formulario de inscrición para confirmar a asistencia e coñecer os datos necesarios para organizar a actividade e facilitar a conciliación familiar.
📌 Prazo para cubrir o formulario: ata o 27 de outubro.
👉 CUBRIR O FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Agardamos por vós para pasar unha tarde chea de diversión, sorpresas e algún que outro susto! 👻🕸️
Esta actividade conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través do programa Corresponsables, do Ministerio de Igualdade do Goberno de España.
Non esquezades inscribirvos antes do 27 de outubro!
⚠️ Normas de uso do pavillón
Durante a actividade non se poderá utilizar o material deportivo do pavillón, como balóns ou outros materiais que estean alí gardados. Agradecemos a colaboración de todos e todas para garantir o correcto desenvolvemento da actividade.

Deixar unha resposta