A ANPA do CEIP San Clemente organiza, en colaboración coa ANPA do CEIP Afonso VII, unha Ludoteca de Inicio de Verán para facilitar a conciliación familiar nos días non lectivos de finais de xuño.
A actividade desenvolverase nas instalacións do CEIP Afonso VII do 22 ao 30 de xuño (agás o día 24), con propostas lúdicas, creativas e de lecer para que os nenos e nenas gozen dun inicio de vacacións divertido e seguro.
🕘 Horario: entrada de 9:00 a 9:30 h e saída de 14:00 a 14:30 h.
🌅 Plan Madruga: dispoñible desde as 7:00 h, con opción de almorzo antes das 8:30 h.
💶 Prezo: 20 €.
As familias interesadas poden realizar a inscrición cubrindo o formulario e efectuando o pagamento correspondente. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 12 de xuño.
Agardámosvos para compartir un fantástico comezo de verán! ☀️🎨🎲🌈


Deixar un comentario