
As nosas coplas foron toda unha sensación e o noso cole levou o primeiro premio ao maio mellor cantado🥇Co acompañamento e apoio imprescindible do profe César, que os guiou dende o primeiro momento 🪗✨
Ademais, estamos felices porque se venderon moitísimas coplas, axudando así a recadar fondos para esa viaxe a Asturias 🚌
Grazas a todas as persoas que colaborastes e participastes!
📝 Nas coplas houbo humor, retranca e moita actualidade: referencias á vida en Caldas, á escola, ás obras… e ese toque crítico e divertido que fai única esta festa 😄
🎥 Deixamos o vídeo no noso Facebook para que poidades gozar da actuación!
Seguimos facendo comunidade, cultura e escola 💛





Deixar un comentario