Onte celebramos a nosa Festa de Fin de Curso e queremos dar as grazas a todas as familias que vos achegastes para compartir esta tarde tan especial.

Entre a festa da escuma, os inchables e o petisco compartido, vivimos unha tarde chea de risas, xogos e bos momentos, na que crianzas e familias puideron gozar xuntas do remate do curso.

Con esta celebración poñemos o broche de ouro a un curso cheo de actividades, proxectos e momentos compartidos. Grazas por formar parte da ANPA e por facer comunidade día a día.

📅 Antes de comezar as vacacións, lembrámosvos que o vindeiro 25 de xuño celebraremos a Asemblea Xeral da ANPA, un espazo aberto a todas as familias socias para facer balance do curso e compartir as liñas de traballo para o seguinte.

☀️ Desexámosvos un moi feliz verán! Agardamos que gocedes dun merecido descanso e dunhas vacacións cheas de xogos, aventuras e bos momentos en familia.

Feliz verán! 💚🍊🌞

Deixar un comentario

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós