Actividades extraescolares 26/27

Xa temos lista a programación das actividades extraescolares da ANPA San Clemente para o curso 2026/2027.

As actividades comezan o xoves 1 de outubro e desenvolveranse de luns a xoves, de 15:25 a 16:25 h, coa seguinte distribución:

  • Luns: Reforzo educativo (1º-3º), Inglés (4º-6º) e Patinaxe.
  • Martes: Reforzo educativo (4º-6º) e Inglés (Infantil / 1º-3º).
  • Mércores: Hapkido e Multideporte.
  • Xoves: Robótica e Baile.

Como novidade, debido á elevada demanda, Inglés dos martes divídese en dous grupos, un para Infantil e outro para 1º-3º de Primaria.

❌ Non haberá Pintura, xa que non se acadou o número mínimo de matrículas necesario para manter a actividade.

💰 Prezos por trimestre

ActividadeCódigoPrezo
Inglés0145 €
Patinaxe0240 €
Hapkido0345 €
Multideporte0451 €
Robótica0569 €
Baile0640 €
Reforzo educativo0720 € de matrícula

O pagamento do primeiro trimestre deberá realizarse ata o venres 23 de outubro na conta da ANPA:

IBAN: ES31 0049 7830 46 2110027500

No concepto deberá indicarse o código da actividade + nome do alumno/a (por exemplo: 01 Pepito Pérez).

🤝 Unha proposta posible grazas ás subvencións

Grazas á subvención do Plan Corresponsables, podemos ofrecer o Plan Madruga de maneira gratuíta, agás o pagamento da matrícula, poñer en marcha o Reforzo educativo como novidade deste curso e engadir, entre outras melloras, un desdobre máis en Inglés mantendo a mesma cota.

O resto das actividades mantén practicamente os prezos do curso pasado e a ANPA asume o incremento dos custos. As tarifas poderán revisarse nos vindeiros trimestres en función da evolución das matrículas e da recepción dos ingresos das subvencións pendentes.

Agradecemos ás familias a paciencia durante estas semanas de organización e agardamos que as crianzas gocen moito das actividades! 💙🧡

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós