Plan Madruga 26/27

Para facilitar a conciliación das familias, a ANPA San Clemente ofrece un ano máis o servizo de Plan Madruga, que permite que o alumnado poida acudir ao centro antes do inicio da xornada escolar, permanecendo ao coidado do persoal responsable.

O servizo estará dispoñible de 7:30 a 9:30 h e existe a posibilidade de solicitar almorzo.

*Para ser usuario/a é imprescindible ser socio/a da ANPA.

📝 Como participar

O custo é de 20 € por usuario/a en concepto de alta no servizo.

As familias interesadas poden anotarse cubrindo o formulario que se atopa na parte inferior e realizar o pagamento na seguinte conta bancaria:

ES31 0049 7830 46 2110027500

Inscríbete!


*Se tes problemas co formulario, comunícanolo, que podemos facilitarche un documento en PDF ou mesmo en papel se é necesario.

Cofinanciado polo Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdad, Gobierno de España.

Cofinanciado polo Concello de Caldas de Reis.

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós